|
Envio ista
mensaxe aos electores das provincias de Lugo e Ourense:
Son cousas das matemáticas e da Lei D´Hont.
Cos mesmos resultados que nas xerais do ano 2000, en
Lugo o PP tivo 134168 votos e tres deputados, o PSOE
53028 votos e un deputado, e o BNG 37422 votos e 0
deputados, pois ben, con que ao PP o votara a misma
xente e 7301 votantes que votaron PSOE trocaran o seu
voto do PSOE ao BNG, o resultado sería 2 deputados o PP,
1 deputado o PSOE e 1 deputado o BNG, nembargantes para
o que o resultado fora PP-2 e PSOE-2, terían que trocar
o seu voto 36419 votantes do BNG para o PSOE, polo tanto
o útil en Lugo é que un de cada sete votantes do PSOE
troquen o seu voto cara ao BNG e así o PP perdería un
deputado que se podería sumar a unha coalición de
esquerdas.
No caso de Ourense, os resultados no 2000 foron:
PP 128535 votos, 3 deputados.
PSOE 51864 votos, 1 deputado.
BNG 38106 votos, 0 deputados.
Eiquí con que 4739 votantes do PSOE trocaran cara o BNG,
(un de cada 11), o resultado sería PP 2, PSOE 1 e BNG 1.
Para ter 2 deputados o PSOE terían que trocar o seu voto
33826 votantes do BNG ao PSOE.
¿Non é mais útil para trocar o governo español e a
maioría nas Cortes xuntar uns poucos votos mais para o
BNG en Lugo e Ourense que tentar conseguir o segundo
deputado do PSOE nalgunha disas provincias?...
Dado que as enquisas preveen unha baixa de voto do PP
nistas provincias, o BNG vai precisar en realidade ainda
menos votos que os que se sinalan eiquí para que ises
dous escanos pasen do PP ao BNG.
Está claro que incluso ao PSOE lle convén que o BNG suba
dous deputados a condición de que ises deputados os
perda o PP, que é o caso en Lugo e Ourense...
Ademais, obxetivamente aos galegos nos conven que o BNG
teña un grupo propio no parlamento, e iso é así ainda
que non coincidamos totalmente cos seus postulados
ideolóxicos, xa que a existencia de un grupo parlamentar
do BNG garante que en tódolos debates vai haber polo
menos unha voz que saque a relucir os problemas e as
necesidades de infraestructuras de Galiza, ben sexa con
un governo do PP ou do PSOE, e que debata de ti a ti con
Rajoy ou Rodríguez Zapatero, nembargantes os deputados
galegos de PP ou PSOE van ter que permanecer calados e
votar as cousas que lle mande a dirección do seu
partido.
Por todo isto eu pidoche como cidadán galego particular
e internauta afeccionado que votes ao BNG.
Por certo que din con ista dirección de correo a través
dunha páxina atopada en google, e isto non é span, xa
que é un emilio dirixido especiamente a isa dirección e
tecleado, non xerado automáticamente.
¡¡¡Saudos dende unha aldea da Costa da Morte, (moi perto
de Portozás)!!!. |