Warning: main(/home/batiburr/www/phpes/cabeceraanuncios.php) [function.main]: failed to open stream: No such file or directory in /home/batiburr/www/poesia/cuerpo_poesia88.php on line 44

Warning: main() [function.include]: Failed opening '/home/batiburr/www/phpes/cabeceraanuncios.php' for inclusion (include_path='.:/usr/local/lib/php') in /home/batiburr/www/poesia/cuerpo_poesia88.php on line 44

Webmasters - Directorio de Sitios en Internet Webmasters
Directorio de Sitios en Internet
Imaginación Imaginación
Artículos para disfrutar
Webquest - Actividad de investigación Webquest
Actividad de investigación

  Foros de Batiburrillo

 Últimos mensajes
04.07 5:44 fabriciano
Mensaje Me desapareció el ...
04.07 5:43 fabriciano
Mensaje Crear un foro
04.07 2:50 fabriciano
Mensaje Ver extensión de a...
04.07 12:00 larmaint
Mensaje la casa de la prad...
04.07 1:54 EvoLuT
Mensaje Nueva Red Irc-Gent...
03.07 10:54 kr2cho
Mensaje Mu Blackangel
03.07 10:35 fabriciano
Mensaje Problema al Instal...
03.07 10:30 fabriciano
Mensaje Trasladar Foro de ...
03.07 10:20 fabriciano
Mensaje Pantalla PC se apa...
03.07 4:39 Carlos Alberto Carcagno
Mensaje Comportamiento hum...

  Colaboraciones

Tecnología Tecnología
Las últimas noticias
Productividad Productividad
Consíguelo en tu ordenador
Aventura Aventura
Afronta el peligro

  Destacado

¿El infierno es endotérmico o exotérmico?



  Juega online


City Soccer Shootout


Do Val do Mao a Lóuzara

Autora: Marica Campo
Fonte: Galicia Hoxe

  Abrir a porta para saír do espazo íntimo ao espazo obxectivo ten un aquel de parto e doe. Os cartógrafos fan mapas, sitúan accidentes e poboacións para deixalos inmóbeis como bolboretas atravesadas por un alfinete. Trazar a xeografía dos sentimentos é entrar nunha espiral sen fin que non atopa centro, acaso un caos de sinerxias.

  Saio –entro– ao Val do Mao. Val do Mao, cunca ou cuncha, casa de meu. Cuncha e eu caracol nas estacións do mundo. Saio -entro- e a nostalxia é verde. Nomear o verde, unir as doas do colar que viste a terra. Polas abas, carballos, castiñeiros, abidueiras, desiguais sentinelas a gardar o tempo encorado no val. Abaixo, salgueiros, ameneiros e chopos a lle roubar espazo ao río. Prados, hortos, cómaros e valados de silva e cabrinfollo. Val do Mao, o meu bosque sagrado, porque alí alenta canto en min vive.

  Alí, nunha árbore centenaria, habita a miña fada-madriña e segue a procurarme sorte. Outrora facía aparecer, pola súa arte máxica, lambetadas no chineiro do comedor. Por iso sei que o milagre é posíbel.

  Alí navego o río, a falta de mellor embarcación, na tapa dun baúl. Naufrago, mais, como podo, alcanzo a beira. Por iso, cando a realidade me pesa, busco aquela nena que sabía soñar sen afogar nos soños.

 Alí, antes que o da Carapuchiña, o primeiro lobo. Tal vez só un oubeo. O lobo, o nome máis amábel do medo.

  No Val do Mao, corenta anos atrás, Xenoveva de Veiga de Abaixo lembra a aquel mozo que marchou para o Norte e nunca máis soubo del. Está casada, ten netos e un home que a quere, mais ... Por iso entendo moi logo a Rosalía e sei quen son as viúvas dos vivos.

  O Señor Manuel de Vila está sentado no toro dunha árbore diante da súa casa. Toda a rapazada ao seu redor a convencelo para que nos conte contos. Despois comeza o ritual: a pausa para acender un cigarro no punto de máis intriga, a baixada do ton no momento de máis misterio, a voz impostada segundo os personaxes, a propia a levar o fío da narración. A curiosidade por atoparmos nós, nos libros, historias como as que el nos conta. A lectura.

  No medio e medio do Val, a casa. Tiña no curuto do tellado un xeito de faro xiratorio que lanzaba destelos a todos os rumbos da rosa dos ventos. Cara a esa luz camiñaban, dende trinta quilómetros á redonda, os seareiros do comercio do meu avó. Chegaban, cargados de orballo e noite, na procura de cousas ben diversas: roupa, foguetes, cadaleitos, ultramarinos ... Case sempre, o pagamento aprazado sen outro aval que a confianza na palabra; a palabra que a miúdo non podían cumprir porque non había con que. Deixaban, en troques, nomes como talismáns para o mapa dos soños: Bustofrío, Foilebar, Gamiz, Viso, Bardaos, Queixomarío, Cervela, Laiosa, Lóuzara, Seceda ... , centos de nomes para un mapa sen coordenadas.

  Ao fondo do Val, a igrexa románica onde, segundo a tradición, descansan os restos de San Eufrasio, Varón Apostólico. Disque os trouxeron, fuxindo dos sarracenos, arredor do 716, desde Andújar, diocese da que fora primeiro bispo. Alí viñan romeiros de toda a parte no día da súa festa, o 15 de maio, en cumprimento de promesas ou en procura de remedios. Unha longa ringuileira de eivados abeiraba o camiño que había percorrer despois a procesión. Non lle pedían milagres ao santo, descubrían os seus tocos e amosaban as súas pústulas para reclamaren a caridade dos festeiros. Lembro a loita entre o morbo e o arrepío, a única sombra nun día de luz.

  Todos no Val do Mao lle chamamos O Priorato á casa rectoral, porque o foi, do mosteiro de Samos. Case pardiñeiro, edificio en ruínas, conserva en bo estado a fachada e os seus escudos abaciais. Entre os muros vaga, tal vez, a memoria do que fora sexto conde de Lemos, Francisco Fernández de Castro, quen renunciou ao condado para profesar baixo o nome de Frei Agustín de Castro; alí viviu do 1633 ao 1637. Diante do priorato hai unha catalpa que plantou o meu pai ao vir da viaxe de vodas, aló en 1940. Cabo dela descansa, no adro que acolle o cemiterio baixo o mesmo tellado da igrexa. Mais eu prefiro falarlle sentada baixo da catalpa.

  Trazáronse rotas turísticas: A do Camiño de Santiago na súa variante de Rota do Sur, a Rota do Ferro, a Rota do Románico, a Rota da Serra do Oribio, a Rota de Noceda á Ferrería, a Rota de Cruz de Incio-Viso-Rendar, a Rota do Mel e a Rota Romariz-Covas de Toldaos. E tamén se fala da Rota da Caza e da Rota da Pesca. Habería que engadir outra, literaria, que, sen dúbida, se entrecruza coas anteriores. Unha rota que, non por imprecisa é menos real e interesante, a rota de Ánxel Fole ou, mellor, do Terra Brava. Cos libros na man –porque esta zona está presente alén do citado– pescudar os lugares, mais ou menos deseñados nos relatos, en que o autor sitúa a acción. Descubriríamos, nesa xoia do románico que é a igrexa de mármore de Hospital de Incio, o espacio do conto O Tesouro. Na Fonte dos Ollos, quizais, atoparíamos O cabaleiro namorado da fada do relanzo. Veríamos a exactitude da descrición do pazo de Lucencia no de Dompiñor. Escoitaríamos, no Hospital, de boca do fillo do Zoqueiro contos de lobos moi próximos aos de Fole ... E, sobre todas as cousas, na néboa, na choiva, na paisaxe, entraríamos no clima dos seus mellores relatos.

  No comezo do verán quero ir a Lóuzara. Chámame a voz do poeta que a nomeou Xabreira, Fiz Vergara. Ogallá chegues xunto ó vello muíño / loguiño e en boa hora –garimeira, / núa de morralla e lixos inúteis–. Só así, nus de morralla, poderemónos enfrontar con tanta pureza, a da terra e a da obra de Fiz.

  Como a derradeira vez que o visitei en vida, saír do Val do Mao, por Vilaverde, camiño de Foilebar. Parar en Foilebar, en Casa Veva, para saborear as súas esencias culinarias, tan naturais que semellan doutros tempos. Desfrutar, asemade, do máis cordial dos tratos. Demorarse nas exquisitas sobremesas, na ambrosía dos seus licores caseiros, na risa algareira de Veva. Partir despois, por Vilarxoán, cara ao Val de Lóuzara.

  O val do río Lóuzara, longa fenda na paisaxe que se esfraga nas augas. Ladeiras ateigadas de carballos e abiduieiras, de freixos e castiñeiros. As candeas dos castiñeiros a tinguir o ar de sensual arrecendo. Aves rapaces e perdices vermellas sucan o espazo mentres se adiviña a cova do lobo e o tobo do xabarín. E a limpeza do río.

  Cabo do río, en Santalla, a casa e a tumba de Fiz Vergara. O vello muíño e a fonte onde, xunguido ás horas dun reló paralítico, pasou boa parte da súa magoada existencia. Ler alí, escoitando a cantiga da fonte, algún dos seus libros: Nos eidos da bremanza, Pastora de sorrisos, Poeta e mariñeiro á deriva... Procuralo despois nas flores e na luz, coa seguridade de que se cumpriu o seu desexo: Alegre paraíso de amor, patria do vento, / serás, Allasant, un día, / (...) / ...E ó fondo, no medio e medio da vagoada, / estarei eu, xigantesco titán, / cabaleiro sen espada, dono / e señor de ti e dela para sempre. Levarlle pampillos, os crisantemos silvestres que el quixo tanto.

  Regresar, ¿a onde ou de onde? Todo fica no espazo íntimo, na cuncha do caracol.


 
 

Modificar el consumo de memoria de Mozilla Firefox

Modificar el consumo de memoria de Mozilla FirefoxSi tu ordenador no está muy sobrado de memoria RAM y utilizas Mozilla Firefox como tu navegador de Internet, comprobarás que los recursos de tu equipo se ven seriamente resentidos cuando viajas por la red. Firefox es un cliente con altas ...

 

Tutoriales de fotografía esférica

DisquisicionesDeGalicia es un sitio que pretende promocionar Galicia utilizando la imagen y la palabra. Encontraréis fotografías panorámicas que muestran distintos lugares de la geografía gallega. El sitio ofrece enlaces directos a estas imágenes, aunque también se puede llegar a cada una de ellas desde un ...