Warning: include(/home/batiburr/www/phpes/cabeceraanuncios.php) [function.include]: failed to open stream: No such file or directory in /homez.103/batiburr/www/poesia/cuerpo_poesia9.php on line 44

Warning: include() [function.include]: Failed opening '/home/batiburr/www/phpes/cabeceraanuncios.php' for inclusion (include_path='.:/usr/local/lib/php') in /homez.103/batiburr/www/poesia/cuerpo_poesia9.php on line 44
 

Webmasters - Directorio de Sitios en Internet Webmasters
Directorio de Sitios en Internet
Imaginación Imaginación
Artículos para disfrutar
Webquest - Actividad de investigación Webquest
Actividad de investigación

 

  Colaboraciones

La muralla de Lugo: Patrimonio de la Humanidad

  Hace más de dos mil años, siendo emperador Augusto, los romanos fundaron la ciudad de Lucus Augusti, hoy Lugo. Muralla de Lugo (Puerta de Santiago) Con fines eminentemente defensivos, se construyó la muralla que hoy rodea el recinto histórico de la ciudad. En toda su extensión, alrededor de tres kilómetros, tiene un paseo superior. A sus pies, en su parte externa, está la Ronda de la Muralla.

  A finales del mes de diciembre de 2000, en Cairns (Australia), expertos de la Unesco decidirán si el monumento lucense pasa a ser Patrimonio de la Humanidad. (NOTA: Han decidido que si. La Muralla Romana de Lugo es Patrimonio de la Humanidad).

  En honor a la Muralla de Lugo reproducimos, a continuación, los primeros premios de dos concursos literarios, uno de poesía y otro de cuentos, ganados por Carla Mª Campo Dacal, de 16 años.

 

Muralla, nosa nai

Muralla das vellas pedras
que miras nosos tellados
quen sabe cantas historias
podías ternos contado.

De loitas de cabaleiros
diante das súas damas.
De dragóns que botan fume
e matan a dentelladas. 

Cada pedra é unha historia
cada historia, unha ilusión.
Quen sabe cantas memorias
levas no teu corazón. 

Memorias de cando o Miño
era só unha pinga de auga.
De cando aqueles romanos
loitaban con longas lanzas. 

Doce muralla que levas
a Lugo na túa alma,
como unha nai ó seu fillo
ti nos protexes e amparas. 

Muralliña, segue a historia,
ére-lo emblema de Lugo.
Espalla a nosa cultura
ó longo e ancho do mundo. 

Ós lucenses dálles soños,
coma mos deches a min.
Que vexan nas túas pedras
os relatos que eu vin. 

Quérente ben os teus fillos,
é algo que ti xa sabes.
Faranche co seu cariño
Patrimomo da Humanidade.

Carla Mª Campo Dacal
Primer Premio de poesía Semana Bibliográfica ("A Muralla de Lugo")

 

O valor dunha muralla 

  Corría o ano 29 antes do nacemento de Xesucristo. Nunha grande galera romana, con toda a pompa que corresponde a un emperador e con todo o seu exército, Octavio Augusto chegaba a Hispania. Os seus antecesores conseguiran vencer a pobos tan fortes e valentes coma os lusitanos e os celtíberos e a fronteira localizábase no río Douro. O único territorio que non estaba baixo o dominio romano era o noroeste da Península: as terras dos cántabros e dos astures. Octavio Augusto decidiu tomar persoalmente o mando das tropas para vencer a estes pobos, pero a sorte quixo que caera enfermo, tendo que retirarse primeiro a Tarraco e máis tarde a Roma. Foi a Agripa a quen deixou ó mando das operacións. A resolución era acertada xa que, no ano 19 antes da nosa era, Agripa remataba coa resistencia de cántabros e astures, instalando nun pequeno territorio do norte un acuartelamento para as súas lexións. 

  Nada máis chegar ó territorio conquistado, os lexionarios puxéronse a traballar con ilusión para construir un campamento cunha muralla provisional, mais o lugar era tan pequeno que, pouco despois, o emperador deu ordes de cambia-lo asentamento de lugar. 

  Anque marchaban, as lexións deixaban os alicerces dunha futura cidade. Nos anos 14 e 13 antes de Cristo e en nome do emperador, Paulo Fabio Máximo fundaba "I,ucus Augustí" sobre ese mesmo campamento militar. Dise que o topónimo "Lucus" significaba bosque sagrado, pero pode ser que o nome actual (Lugo) non proceda del, senón do nome do deus celta "Lugh" (deus da luz). 

 Alleos a istes problemas sobre a orixe dos topónimos, os romanos trazaron as rúas principais da cidade: o cardo (de norte a sur) e o decumanus (de leste a oeste), e onde se cruzaban instalouse o foro (centro da vida romana). Trazaron logo rúas paralelas principais formando o que eles chamaban ínsulas (islas), equivalentes ás mazás actuais. Todo isto o rodearon dunha muralla con catro portas monumentais alí onde as rúas principais remataban. Así, a xente puido escomenzar a vivir na nova cidade e disfrutar das súas "comodidades". Gracias ó Miño tiñan auga e as terras eran fértiles; non lles faltaba de nada. 

  Sen embargo, é por todos sabido que Roma tiña inimigos por tódalas terras e un destes pobos deu en chegar a Lucus Augusti. Os seus habitantes, desacostumados a loitar, ignoraban o que tiñan que facer e mandaron un mensaxeiro ó emperador, encerrándose logo dentro da muralla.

  Ó recibi-la carta, Octavio Augusto pensou que non pagaba a pena mandar ás súas tropas porque a cidade estaría xa destrozada, pero, aconsellado polos seus xenerais, mandou unha pequena expedición para saber a canto ascendían os danos. 

  Os soldados marcharon ó mencer e tardaron varios días en chegar. Uns quilómetros antes da cidade divisaron unha muralla, intacta, e sentiron renacer as esperanzas de atopar con vida a amigos e familiares. E así foi. A muralla non tiña unha soa pedra fóra do seu sitio. Protexera á súa xente valentemente. Sen deixar pasar ó inimigo. 

  Seguiu a facelo durante séculos, sen ser vencida por pobo algún e así chegou ata o Lugo que hoxe coñeceos e que tanto a quere. 

  Cada unha das súas pedras é unha historia, non só da época romana, xa que viviu tempos de todo tipo. Eu non teño tinta abondo para contar todo, pero mencionarei os fitos que non debemos esquecer. 

  Como o da Idade Media, cando os trobadores non se afastaban do seu carón. A muralla era unha fonte de inspiración incrible para aqueles grandes poetas da época (boas fontes din que é a "senhor" da que moitos falan). Foi unha Idade de Ouro para a muralla pero, como todo, rematou.

  Houbo tamén séculos escuros. Tanto o noso idioma coma todo o galego estaban prohibidos. Á muralla non lle afectaban os problemas directamente, xa que era romana, pero sentía Galicia como parte do seu ser e rumoréase que foi ela a que deu as forzas que precisaban os autores do Rexurdimento.

  ¡E qué dicir da guerra civil en España! Ninguén o pasou peor que a pobre muralliña. Sufría polos españois o indicible e só desexaba que todo volvese ser como antes. Durou tres anos, pero a muralla resistiu a cantos a agrediron e continuou no seu posto e protectora da cidade.

  Agora... agora está a vivir outra aventura. Os lucenses queren demostrarlle o seu cariño facéndoa Patrimonio da Humanidade. É por iso que a muralla pasa a súa mellor época e luce máis termosa ca nunca.

Carla Mª Campo Dacal
Primer premio de contos Semana Bibliográfica (Aventuras e desventuras da Muralla de Lugo)

 


 
 

Modificar el consumo de memoria de Mozilla Firefox

Modificar el consumo de memoria de Mozilla FirefoxSi tu ordenador no está muy sobrado de memoria RAM y utilizas Mozilla Firefox como tu navegador de Internet, comprobarás que los recursos de tu equipo se ven seriamente resentidos cuando viajas por la red. Firefox es un cliente con altas ...

 

Tutoriales de fotografía esférica

DisquisicionesDeGalicia es un sitio que pretende promocionar Galicia utilizando la imagen y la palabra. Encontraréis fotografías panorámicas que muestran distintos lugares de la geografía gallega. El sitio ofrece enlaces directos a estas imágenes, aunque también se puede llegar a cada una de ellas desde un ...

 
 
Batiburrillo.net
http://www.batiburrillo.net
Editado en Lugo (España)
1996 - 2008
Foros de Batiburrillo
Juegos online
Disquisiciones
Trucos Informáticos
Descargas Software
Matemáticas recreativas
Curiosidades
El Tema
Medios
Singulares
DiscoAzul.com
AlaBaja.com
¿Quiénes somos?
Contacto
Novedades
Creative Commons License
Esta obra está bajo una
licencia de Creative Commons.